
As competicións oficiais regresan esta fin de semana á piscina municipal Rosario Dueñas de Ourense co Campionato Galego de Natación Júnior e Absoluto de verán.
Así, un mes despois de que co temporal que sacudiu a cidade, voase parte da cuberta da piscina, o Club Natación Pabellón Ourense xunto co Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Federación Galega de Natación sacan adiante o Campionato Autonómico máis importante da natación galega que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo.
O formato de dito campionato vese modificado para garantir as medidas Covid polo que, as tres xornadas do campionato vanse dividir en seis sesións, tres para a categoría masculina (venres mañá/tarde e sábado mañá) e tres para a categoría feminina (sábado tarde, domingo mañá/tarde), cun total de case 300 participantes pertencentes a 21 clubs.
Este campionato vai marcar as posicións no ranking nacional de cara a participar nos Campionatos de España Absoluto e Júnior.