ConcellosManzanedaÚltima hora

As piscinas de Manzaneda, un lugar para refrescarse nos meses de estío

As instalacións permanecerán abertas ata final de verán, cun horario de 12h a 20h

 

Durante o verán, unha das opcións preferidas polos habitantes dos concellos de interior é a piscina municipal. O concello de Manzaneda ofrece unhas instalacións renovadas. Permanecerán abertas ata final de verán, cun horario de 12h. a 20h., todos os días da semana.

Os bañistas tamén contan cun aparcadoiro de bicicletas, vestiarios, duchas e unha cafetería. A pesar do peche cautelar, por un positivo en coronavirus detectado na comarca, as piscinas están de novo abertas dende o pasado martes, 21 de xullo.  Para garantir o distanciamento social, froito da pandemia do coronavirus, o Concello de Manzaneda estableceu zonas de tránsito e delimitou parcelas no céspede.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas últimas da galería que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button