ConcellosÚltima hora

A Plataforma Pro-Autovía A 76 reúnese no Barco

A comisión de seguemento desta entidade celebrará unha xuntanza o vindeiro 4 de novembro
Reunión da comisión de seguemento da Plataforma a favor da A-76 en Monforte o pasado mes de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión da comisión de seguemento da Plataforma a favor da A-76 en Monforte o pasado mes de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella.

A comisión da Plataforma en defensa da A-76 ten previsto reunirse en novembro no Barco. Neste encontro, previsto para a tarde do vindeiro 4 de novembro no Concello barquense, realizarase un balance da evolución do proxecto dende a anterior reunión, celebrada en xuño.

“A convocatoria celébrase en cumprimento do acordo adoptado na reunión, celebrada o día 16 de xuño de 2014 en Monforte, de que a Mesa de Seguemento se reuniría periódicamente para vixiar o cumprimento dos prazos desta infraestrutura”, tal e como se indica dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e dende o Círculo Empresarial Leonés (CEL).

Artigos relacionados

Back to top button