OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense contará con radares de reforzo para poñer en marcha a campaña de control de velocidade

A campaña "Ourense 30" aplicarase na avenida da Habana, nas rúas Progreso, Saínza, e varias de Vistafermosa, O Couto ou Barrocás

 

O Concello de Ourense porá en marcha dende mañá, sábado 12 de decembro, unha campaña de sensibilización de control de velocidade. Para levala a cabo a Policía Local contará con radares de reforzo cedidos pola Dirección Xeral de Tráfico, e tal e como asegura Telmo Ucha, concelleiro de Seguridade Cidadá, estes elementos foron “postos a disposición do Concello para que poidamos realizar, ao mesmo tempo, tanto o que é control de velocidade con vehículos rotulados como con vehículos camuflados”.

Esta campaña realizarase nas principais estradas, naquelas nas que se detectou un maior número de queixas veciñais polo exceso de velocidade. Estas son a avenida da Habana, rúa Progreso, rúa da Saínza, así como diversas rúas de Vistafermosa, O Couto ou Barrocás. “Amais realizaranse servizos de control por todo o casco urbano e durante un mínimo de 10-15 días dun modo moi intenso para tentar sensibilizar e concienciar a xente de que a velocidade á que nos temos que habituarnos a ir é de 30 km hora de máximo”, segundo afirma o concelleiro.

Artigos relacionados

Back to top button