OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense detén un home de 25 anos por un presunto delito de roubo con forza

 

Na tarde do luns 13 de novembro a Policía Local de Ourense detiña un home de 25 anos por un presunto delito de roubo con forza, na rúa Fonte dos Caños, xunto ao Botánico de Montealegre.

Os axentes foron comisionados ao lugar tras ter coñecemento de que, “presuntamente, un home acababa de fracturar unha máquina expendedora cunha pedra, para quedarse co seu contido e posteriormente fuxir do lugar”.

Segundo as informacións solicitadas, “dispúxose á localización do presunto autor, que foi interceptado tras unhas matogueiras e procedeuse á súa detención”, explican dende o Concello de Ourense. Instruíronse dilixencias xudiciais.

Artigos relacionados

Back to top button