OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense incorpora a 9 novos axentes

O número de efectivos cos que conta así o Concello é de 86, ademais dos 11 mandos

Recepción dos novos policías locais no Concello de Ourense.

 

Na mañá do 15 de xaneiro o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome recibía aos novos 9 axentes de Policía Local que se incorporal ao persoal municipal.

Con eles, o número de efectivos cos que conta o Concello de Ourense é de 86, aos que lle habería que sumar 11 mandos. En declaracións do alcalde, sería precisa a incorporación doutros 30 axentes máis. O rexedor tamén adiantou, no mesmo acto, que desde o departamento de Persoal “estase a traballar na contratación de novos efectivos para o corpo de bombeiros e de policía”.

Artigos relacionados

Back to top button