En portadaÚltima hora

A Policía Local do Barco busca ao responsable dun atropelo que se deu á fuga

Os feitos tiñan lugar onte sobre as 8:30 horas no paso de peóns situado na Avda. do Bierzo

Lugar no que se produxo o atropelo./ Foto: Policía Local do Barco.

 

Dende a Policía Local do Barco solicitan a axuda da poboación para a resolución dun atropelo que tiña lugar onte, martes 15 de novembro, sobre as 8:30 horas no cruce de Cuatro Caminos, concretamente no paso de peóns situado na Avda. do Bierzo.

“Un vehículo que circulaba por Marcelino Suárez, ao parecer a gran velocidade, xirou cara a Avda. do Bierzo cando cruzaba unha señora de 78 anos sendo atropelada e co resultado de fracturas en ambas pernas”, explica o xefe da Policía Local barquense, Fernando Lozano, engadindo que non hai testemuños presenciais que viran ben ao vehículo. “A atropelada non viu nada e revisamos as cámaras de vixilancia sen resultado ata o momento”, di Lozano, solicitando que se alguén viu algo se poña en contacto coa Policía Local.

“Sabemos que pode ser un turismo de cor oscura e que pasaba por esa zona a bastante velocidade, nun día chuvioso e escuro a esas horas”, puntualiza.

 

Artigos relacionados

Back to top button