Galerías de fotosÚltima hora

A Policía Local do Barco imparte unha charla sobre seguridade viaria

Na tarde do mércores 10 de xuño, unha axente da Policía Local do Barco de Valdeorras impartía unha charla para informar aos interesados, sobre os cambios previstos no Regulamento Xeral de Circulación que afectan principalmente aos Sistemas de Retención Infantil (SRI).

A actividade foi organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local do Barco en colaboración coa concellería de Educación “debido ás dúbidas que existen entre os veciños sobre a utilización das cadeiras para menores, qué altura é a que marca a lei para deixar de usala ou se poden os menores de 12 anos viaxar nos asentos dianteiros” explican dende o Concello.

Na charla, a axente explicou aos asistentes a importancia de utilizar ben os SRI para evitar grandes males (en moitas ocasións mortais) en caso de accidente, asegurando que o lugar idóneo para colocar á silla infantil é no asento central da parte de atrás do coche “sempre e cando esté correctamente anclada” asegurou.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button