ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco instrúe dilixencias a dous condutores por delitos contra a seguridade do tráfico

Un sin carné e outro con el caducado provocaban sendos accidentes, o venres na rúa Las Arenas e o hoxe na avenida de Portugal

Sede da Policía Local do Barco de Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Policía Local do Barco está instruíndo dilixencias a dous condutores por delitos contra a seguridade do tráfico ante o Xulgado de Instrucción do Barco de Valdeorras.

Tal como explican, os condutores implicados, un sen permiso de conducir e outro co permiso retirado “causaron accidentes de tráfico”. Un tiña lugar o venres día 20 de outubro en torno ás 13 horas na rúa Las Arenas e outro na madrugada deste sábado 21 na avenida de Portugal. Neste último, “ademais de ter retirado o carné de conducir, presuntamente ía baixo os efectos do alcool”, puntualizan dende a Policía Local.

 

Artigos relacionados

Back to top button