OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a dúas persoas por agredir a un home no centro de Ourense

 

Axentes da Policía Nacional vén de proceder á detención dúas persoas como presuntos autores dun delito de lesións e ameazas. Os feitos ocorreron o pasado 3 de xuño sobre as 4 da madrugada cando varias persoas encapuchadas agrediron a un home na Praza do Ferro de Ourense.

“A agresión foi orixinada presuntamente por motivos ideolóxicos. A vítima publicita nas súas redes sociais, con acceso público, tatuaxes e imaxes interpretables como de ideoloxía de extrema dereita. Por iso, esa noite é recoñecido na zona de lecer por varias persoas, posiblemente de ideoloxía contraria, que comezan a increpalo e insultalo. Os integrantes deste grupo, formado por varios homes e unha muller, portaban ocultos os instrumentos que máis tarde empregarían para golpealo”, segundo informa a Policía Nacional

Unha vez que a vítima saía dun local, “cóbrense con carapuchas para ocultar o rostro, alcanzándoo por detrás á altura da fonte da Praza do Ferro, onde o tiran ao chan, rodéano e propínanlle patadas e puñadas, infrinxíndolle feridas graves no corpo e a cabeza”, continúa a Policía Nacional.

A operación policial continúa aberta, non descartándose novas actuacións.

Artigos relacionados

Back to top button