OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa en Ourense por un roubo con forza

 

Dende a Policía Nacional en Ourense veñen de informar da detención por parte doa axentes dun home que “fora retido cando tentaba escapar tras roubar 4.000 euros nunha coñecida casa de apostas do centro da cidade”.

Os feitos tiñan lugar na mañá do día 1 de agosto cando o ladrón, “aproveitando un momento no que a empregada saíra da habitación de acceso restrinxido onde se custodia a recadación, e utilizando un taburete alto para escalar o biombo, empolicouse ao cristal para acceder ao diñeiro en efectivo”, explican dende A Policía, engadindo que alí o ladrón “fíxose cunha cantidade de 4000 Euros”. Inmediatamente, “cando se daba á fuga, o persoal do comercio decátase do ocorrido e logran reter ao individuo no interior do local, mentres chamaban a Sala CIMACC 091”, detallan.

No marco do dispositivo Comercio Seguro, unha patrulla de Policía Nacional achábase nas inmediacións do local, nos seus labores de prevención, “dando resposta inmediata e detendo ao autor do delito, trasladándoo a dependencias policiais e pasando posteriormente a disposición xudicial”.

Artigos relacionados

Back to top button