OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa por un delito de estafa en Ourense

A estafadora gañouse a confianza da súa vítima, unha persoa de avanzada idade, facéndose pasar por unha antiga alumna

 

Axentes da Policía Nacional detiñan o pasado día 26 de xullo a unha persoa en Ourense por un presunto delito de estafa. A detida iniciara unha relación de amizade coa súa vítima, dicíndolle que era unha antiga alumna e que estaba a pasar por un momento de necesidade económica.

“Os feitos iniciáronse en febreiro, cando a investigada, acompañada dun menor, pediulle algo de diñeiro a esta persoa alegando que foi antiga alumna súa e que non tiña para comer. Días despois coincidiron pola rúa, momento en que a detida aproveitou para establecer un primeiro contacto de amizade e conseguir o teléfono da vítima. Nos sucesivos meses, entre febreiro e abril, a estafadora foi pedíndolle diñeiro con diferentes pretextos inventados, para en teoría atender a diversas necesidades que a investigada dicía sufrir e que induciron a engano á vítima que lle entregou varias disposicións de diñeiro en efectivo ata alcanzar unha suma que roldaba os 18.000 euros”, segundo informa a Policía Nacional.

Este diñeiro era entregado como préstamo prometendo a detida sempre que iría realizando devolucións do mesmo nos sucesivos meses cando atopase traballo. Finalmente, dado que a detida non lle devolvía o diñeiro prestado, realizou denuncia dos feitos e tras diversas investigacións, axentes do grupo de UDEF de Policía Nacional desta Comisaría Provincial, procedían na mañá do día 26 á súa detención e posterior posta ao dispor xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button