OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a 3 membros dun grupo criminal de países do leste

Os detidos cometeron 18 roubos en vivendas das cidades de Ourense e de Vigo

 

Axentes da U.D.E.V. da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Ourense de Policía Nacional, no marco da Operación “Algarabía”, procedían á detención de 3 cidadáns de países do leste, como presuntos autores de 18 delitos de roubo con forza en domicilios e integración en grupo criminal, feitos labores en período de Semana Santa do presente ano e durante o mes de xullo nas cidades de Ourense e Vigo. Así o vén de facer público agora a Políca Nacional.

A investigación daba comezo tras detectar a presenza de cidadáns de orixe xeorxiana na cidade de Ourense durante a Semana Santa deste 2023, coincidindo coa comisión de varios feitos delituosos (roubos con forza en domicilios), utilizando para o acceso aos inmobles unha técnica específica para a apertura das fechaduras, concretamente a técnica denominada impresioning.

“Previamente a iso os integrantes do grupo realizaban unha “sementa” para marcar as vivendas que tiñan pensado asaltar, introducindo para iso unhas pequenas boliñas de papel ou toalliñas no cilindro da fechadura, dese xeito pasados uns días, ao regresar os integrantes do grupo criminal, comprobábana, é dicir, se a boliña seguía no mesmo lugar asegurábanse de que ninguén accedera ao devandito inmoble. No caso de a boliña estivera ao fondo do cilindro, iso significaría que os moradores introduciron a chave na fechadura, polo que a descartaban. Ao tratarse neste caso dun grupo itinerante, esta circunstancia dificultou enormemente a investigación e seguimento dos seus membros, polo que o que a mesma levouse a cabo coa colaboración de grupos de policía xudicial doutras Comisarías de España (Vigo, Barcelona) e da propia Comisaría Xeral de Policía Xudicial”, tal e como se informa dende a Policía Nacional.

 

 

Así mesmo, explícase que os integrantes do devandito grupo abandonaron o país despois do período de Semana Santa tras a comisión de dez roubos con forza en domicilio na cidade de Ourense, regresando a finais de xuño do presente ano para continuar coa súa actividade delituosa.

Os investigadores conseguían detectar os seus movementos ao longo da xeografía española, “fixando os seus obxectivos principalmente nas cidades de Vigo e Ourense, aínda que se producían desprazamentos a Barcelona e Madrid para cambiar frecuentemente de vehículos, así como para contactar con outros cidadáns de nacionalidade xeorxiana”, continúa a Policía Nacional.

Finalmente e despois de varios meses dunha laboriosa investigación leva a cabo unha operación policial para proceder á súa detención, a cal leva a efecto o día 24 de xullo, procedendo á detención de dúas dos integrantes do grupo criminal nun establecemento rural da cidade de Ourense e ao terceiro integrante deténselle en Benavente (Zamora).

Aos citados membros intervéñenselle xoias, reloxos e outros efectos procedentes dos roubos en domicilios nas cidades de Vigo e Ourense durante o mes de xullo, pasando a disposición xudicial e ingresando en prisión preventiva.

Imaxes: Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button