OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a unha persoa por roubo con forza nas cousas

O detido forzaba o caxetín de recadación da máquina do túnel de lavado dunha gasolineira da cidade

 

Axentes da Policía Nacional detiñan o 4 de setembro en Ourense a unha persoa por un presunto delito de roubo con forza nas cousas nunha gasolineira da cidade. “O detido, ao parecer, estaría merodeando polas inmediacións da gasolineira, e aproveitando un momento en que os traballadores non o vían, saltaba o muro que separa a gasolineira da leira adxacente. Accedía tras iso ao almacén das instalacións por unha xanela e forzaba o caxetín de recadación da máquina de lavado que alí se atopaba”, segundo informa a Policía Nacional.

A Comisaría Provincial de Ourense ten establecidos diversos dispositivos de actuación contra os roubos con forza en establecementos da cidade, nos que se inclúen medidas de prevención e que contan coa participación de diversas unidades.

“Froito da investigación levada a cabo no marco dos devanditos dispositivos, detectouse na cidade ao detido, que foi identificado como presunto autor do roubo con forza na gasolineira. Sendo nese momento trasladado a Comisaría pasando posteriormente a disposición xudicial”, tal e como informa a Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button