OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a unha persona por roubo con fuerza no interior de vehículo

O detido accedeu ao interior de varios vehículos que se atopaban estacionados no garaxe comunitario dun edificio da cidade

 

Axentes da Policía Nacional procedían a deter o día 15 de xullo a unha persoa na cidade de Ourense por un presunto delito de roubo con forza en interior de vehículo. O detido accedera a varios vehículos que se atopaban estacionados nun garaxe privado dunha comunidade.

Os feitos tiveron lugar a tarde do citado día 15, na que a Policía Nacional recibía unha chamada alertando de que un veciño dun céntrico edificio da cidade estaba a escoitar ruídos no interior do garaxe comunitario e ademais podía comprobar que había varios vehículos danados.

A partir de aí os axentes de Policía Nacional accedían ao interior do garaxe, revisando o inmoble e atopando a un individuo no seu interior, o cal non era propietario de ningún dos vehículos estacionados, nin podía xustificar a súa presenza nese lugar. Constatábase a fractura de cristais e danos en varios vehículos estacionados, polo que se procedía á detención do presunto autor por un delito de roubo con forza en interior do vehículo.

Dende a Policía Nacional sinálase tamén que pese “a que os vehículos se atopen nun garaxe privado e poidamos pensar que están seguros, para diminuír o risco de roubo de vehículos ou no interior dos mesmos, existen recomendacións de fácil aplicación”, que se detallan a continuación.

Precaucións a ter en conta

• O vehículo sempre pechado, “aínda que poida parecer obvio, é importante lembrar pechar ben todas as portas e portelos do coche antes de deixalo no garaxe”, indica Policía Nacional.

• Evitar que obxectos de valor queden á vista: teléfonos móbiles, laptops ou xoias, poden ser un reclamo para os delincuentes

• Non gardar nas interior chaves do vehículo nin tarxetas de mando de acceso ao garaxe. Isto pode permitir que os delincuentes leven o coche sen esforzo ou facilitarlles a fuxida. No caso do mando do garaxe, mesmo poderían facer uso del nun futuro.

• Comprobar o peche correcto da porta do garaxe, débese esperar ao peche completo dos accesos ao entrar ou saír do inmoble, isto evitará intentos de acceso por estes lugares.

• En caso de perda de mandos é moi recomendable valorar a posibilidade de cambiar a frecuencia dos mesmos, do mesmo xeito que no caso de mandos de antigos inquilinos. Canto maior sexa o número de persoas alleas á comunidade que teñan copias de mandos, maior será a probabilidade de que se produza unha intrusión.

• Utilizar medidas de seguridade adicionais, un sistema de alarma ou bloqueo de volante, son sinxelas medidas que poden dificultar o roubo do vehículo.

• Uso doutros sistemas de seguridade do garaxe, como cámaras de vixilancia, iluminación adecuada e fechaduras seguras.

Artigos relacionados

Back to top button