OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén nunha semana a 2 homes por roubo con forza en establecementos da cidade de Ourense

As detencións tiveron lugar dentro do Dispositivo específico de actuación de roubos con forza en establecementos

Efectos intervidos ao primeiro detido./ Foto: Policía Nacional.

 

Desde finais do mes de xuño deste ano téñense rexistrado diversos roubos con forza en establecementos comerciais da cidade de Ourense, mediante a manipulación da fechadura. A Policía Nacional, dentro dos dispositivos de actuación da Comisaría Provincial contra os roubos con forza en establecementos da cidade, no que se inclúen medidas de prevención e esclarecemento participando diversas unidades desta Comisaría, iniciaba unha investigación para a identificación e detención dos autores dos feitos e, tras utilizar diversas liñas de traballo, a Brigada Provincial de Policía Xudicial conseguía os elementos necesarios que permitían a detención de dous homes.

O primeiro deles, “ao que lle foron intervidos efectos vinculados con algún dos roubos denunciados, foi detido o pasado 5 de xullo coa colaboración da Policía Local, ao que nun primeiro momento impútanselle a comisión de dous roubos en establecemento, posteriormente a unidade dependente da Brigada Provincial (UDEV) determina a participación do mesmo en oito roubos máis”, segundo informa a Policía Nacional.

Estes roubos realizáronse en establecementos céntricos dentro de galerías comerciais, producíndose nos intervalos de tempo entre o peche do establecemento e o peche das galerías, ou mesmo mentres permanecían pechados ao público ao mediodía. Este detido pasou a disposición xudicial, determinando o seu ingreso en prisión.

Así mesmo, na mesma semana e seguindo co dispositivo específico de actuación, procédíase á detención dun segundo home por roubo con forza nun establecemento hostaleiro e nun local comercial da cidade.

“A este último detido tamén se lle imputa un roubo con forza nun establecemento comercial, dun polígono industrial da localidade madrileña de Fuenlabrada, onde xunto con outro home apropiáronse de 7.280 euros e mercadoría téxtil valorada en 22.000 euros”, segundo a información da Policía Nacional. O detido, unha vez realizados os trámites en Comisaría, foi posto ao dispor xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button