ConcellosO BarcoÚltima hora

A praza das Airas do Barco xa ten o seu mural, obra de OrdeCaos

Trátase dun proxecto promovido polo Barco CCA co apoio do Inorde

 

A falta dalgún pequeno detalle, dende esta mañá a veciñanza xa pode contemplar o fermoso mural de gran tamaño realizado polo artista vilamartinés OrdeCaos na praza das Airas do Barco, en plena zona vella da vila. Trátase dunha iniciativa promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA), co apoio do Inorde, coa que se pretende homenaxear aos sectores económicos da zona.

 

 

Non en van poden verse elementos como as uvas ou as castañas, algúns dos produtos de calidade e prestixio internacional de Valdeorras, xunto a referencias ao Camiño de Inverno, unha ruta xacobea á beira da cal se atopa o mural. Tampouco falta o lema da campaña promovida recentemente polo CCA “Elixe O Barco”, xunto a unha frecha amarela.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button