EconomíaEconomíaÚltima hora

A praza de Abastos do Barco súmase á campaña “Quere ao teu mercado”

As actividades celebraránse este vindeiro sábado, 28 de maio

Imaxe de arquivo do interior da praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A praza de abastos do Concello do Barco participa na campaña “Quere ao teu mercado”, posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, neste caso coa concellería de Promoción Económica e Turismo.

Esta iniciativa volve tras a súa suspensión nos últimos dous anos por motivo da pandemia do Covid-19. Con esta iniciativa, preténdese incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras.

No caso da Praza do Barco, as actividades celebraránse este sábado, 28 de maio. Os praceiros recibirán material promocional e agasallos para que os entreguen aos clientes que durante esa mañana se acheguen á praza de Abastos para facer as súas compras. A partir das 11,00 horas, poderá verse na praza o espectáculo “Risaplus”.

Artigos relacionados

Back to top button