EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A presentación da D.O. Monterrei no Casino de Madrid reúne a 200 persoas

Acto de presentación da D.O. Monterrei no Casino de Madrid./ Foto cedida.

Madrid vén de acoller a primeira acción promocional realizada pola Denominación de Orixe Monterrei fóra de Galicia. Máis de 200 persoas (entre eles profesionais do sector e prensa especializada) asistían á presentación que esta D.O. realizaba no Casino madrileño. Ao longo de máis de 5 horas os asistentes realizaban unha viaxe visual, olfativo e gustativo polo territorio de Monterrei a través dos seus tintos e brancos. Ademais coñecían de primeira man a historia desta denominación, as súas características de solo e clima, variedades de uva, e tipoloxía de viños, ademais das súas elaboracións, entre outras cuestións.

Asimismo, podían catarse viños elaborados por adegas  da D.O. Monterrei: Pazos del Rey, Ladairo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Quinta do Buble, Terrae Monterrei, Trasdovento e Pazo das Tapias.

Os viños de Monterrei estiveron acompañados de produtos como mexillóns ao vapor, zamburiñas ao forno, brocheta de rape e gambas e pulpo das Rías (aportados por 5 Rosas Gourmet e El Mar al Punto); así como queixos de Arzúa-Ulloa, Tetilla e San Simón Da Costa (da man de Galicia Calidade).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button