
Algunhas actividades do programa das Festas do Cristo do Barco cambiarán o lugar de celebración, debido as previsións de choiva que hai, tal como informan dende o Concello.
Hoxe, esta situación afecta ao espectáculo The Show Moscón, que debía celebrase á beira do Sil e que pasa ao Teatro Lauro Olmo ás 19 horas, onde a entrada será tamén libre ata completar aforo.
E mañá a Festa das Pandillas, tamén prevista na praia fluvial do Malecón, celebrarase finalmente baixo a carpa situada no Campo da Festa. O resto continúa tal e como está no programa.