DeportesÚltima hora

A primeira andaina “Móvete polas enfermidades raras” de 2020 en favor de Anasbabi, celebrarase na Rúa

A cita solidaria, organizada polo club Atletismo Rúa, será o 1 de marzo con saída e meta na praza de Fontei

 

Entre a solidariedade e o deporte se move a primeira marcha “Móvete polas enfermidades raras” de 2020 en favor de Anasbabi Ciclopatías que se celebrará o domingo 1 de marzo na Rúa.

A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, sairá dende a praza de Fontei cun percorrido de 7 quilómetros que pasará por lugares tan emblemáticos desta localidade valdeorresa como a Casa Grande. O prezo da inscrición é de 5 euros por persoa e pode facerse na páxina web anasbabiciliopatias.es ou nas tendas Tri-Sport (A Rúa) e Foot on Mars (O Barco). Os menores de 16 anos deberán ir acompañados de pais, nais, titores ou calquera familiar maior de idade. Tamén se habilitará unha FILA 0 para as persoas que desexen colaborar sen participar na proba. A retirada de dorsais realizarase na mesma praza entre as 9 e as 10:30 horas e a andaina comezará ás 11.

A presentación desta andaina tiña lugar na tarde do 19 de febreiro no Salón de Plenos do Concello da Rúa contando coa presenza dos responsables do club rues, Fernando Navarro e Isabel Seco; da concelleira de servicios sociales e igualdade Joana Gómez; e do presidente de Anasbabi Ciclopatías, José Carlos Pumar. O propio Pumar explicou que a asociación de ámbito nacional (aínda que naceu en Ourense), está a piques de cumprir cinco anos e que a andaina enmárcase no programa de accións que levarán a cabo con motivo del Día Internacional das Enfermidades Raras (29 de febreiro), para dar visibilidade e concienciar á sociedade “do que son este tipo de doenzas (o cancro infantil é unha delas), tanto inmunolóxicas como doutro tipo”.

 

O presidente de Anasbabi Ciclopatías, José Carlos Pumar.

 

Na asociación, con sedes en Madrid e Alicante, traballan para lograr diagnósticos máis rápidos e precisos, en diferentes ámbitos (investigación, formación de profesionais, divulgación e asistencia para pacientes e  familias) e este ano realizarán 26 andainas a nivel nacional, cinco delas na provincia de Ourense. A primeira será a da Rúa, o 1 de marzo e despois no Barco de Valdeorras, o día 15; en Viana do Bolo, o 19 de abril; en Cartelle, o 9 de maio; e o 31 de maio, na cidade das Burgas.

Pretendemos “concienciar á xente de que camiñar é saudable e se por riba o facemos por unha boa causa, moito mellor”, dixo o presidente de Anasbabis, explicando que malia non haber un rexistro de enfermidades raras, as estimacións “están en torno aos catro millóns de afectados. En torno a 250.000 en Galicia, en torno a 35.000 en Ourense e entre 2.000 e 2.500 personas na comarca de Valdeorras”.

Ademais das andainas, dende a asociación levan a cabo charlas informativas en colexios e  tamén para toda a poboación. Hoxe pola mañá deron unha no IES Cosme López e o venres 28 darán outra no Concello da Rúa pola tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button