ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

A primeira misa da novena do Cristo no Barco, cantada polo Orfeón Valdeorrés

Nesta celebración relixiosa, coa que se inicia o programa das festas na honra de Xesús Nazareno na vila, tamén se homenaxeaba ao anterior párroco do Barco, Tomás Rodríguez, falecido o pasado xullo

 

Coa novena na honra de Xesús Nazareno veñen de iniciarse neste 5 de setembro os actos das Festas do Cristo do 2022, cuxo día grande será o 14 de setembro. Unha das novidades deste ano era a actuación do Orfeón Valdeorrés na misa coa que daba comezo a novena, na igrexa de San Mauro ás 20 horas deste luns. Tal como avanzaba o párroco Jesús Álvarez, a actuación do Orfeón servirá como homenaxe ao anterior párroco, Tomás Rodríguez Carbajo falecido en xullo deste ano.

 

 

Con respecto ao repertorio o coro interpretaba a ‘Misa Valdeorras’, composta polo director José Ramón Mansilla, aínda que tamén engadirán algunha peza máis consensuada co sacerdote, despedindo a celebración eucarística co Himno ao Nazareno.

 

 

Máis información sobre o programa do Cristo 2022 no amplo monográfico publicado en papel polo Periódico O SIL.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button