Baixo o título ‘Sábeme a Silbina’ nace o ciclo de actividades de promoción natural, cultural e turística dos 10 concellos que forman o territorio Sil-Bibei-Navea.
Rutas de sendeirismo interpretativo e temático con visitas culturais, degustación de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense que se estenderán do 31 de agosto ao 6 de outubro
As actividades son de balde co patrocinio do GDR Sil-Bibei-Navea e AGADER. As rutas teñen unha dificultade baixa ou moderada/media (polas características montañosas da zona) cunha distancia máxima de 10 km. A primeira será en Castro Caldelas.
Máis información e reservas en ‘Sábeme a… Silbina’