A RúaConcellosÚltima hora

A primeira xornada do Autonómico de Auga Doce xógase no encoro de San Martiño, na Rúa

O campionato de pesca comezaba ás dez da mañá e rematará ás sete da tarde

 

Dende as dez da mañá deste domingo 14 de maio dispútase nas augas do encoro de San Martiño, a primeira xornada do Autonómico de Auga Doce no que participan 18 pescadores de diferentes partes de Galicia.

A maior respresentación é coma sempre da provincia de Ourense con 8 membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, o club anfitrión, pero tamén hai pescadores da Coruña e Vigo (Pontevedra).

 

No encoro hai moita carpa que non puntúa para este campioanto.

 

Nesta primeira xornada dispútanse dúas mangas e as outras dúas, de onde sairá a clasificación final, proclamarase ao campión autonómico 2022 e farase a entrega de premios, celebrarase o 4 de xuño no encoro de Chandrexa de Queixa.

Tal como aseguraban os pacientes pescadores, a soleada mañá non se estaba dando moi ben en canto a capturas, con pezas pequenas e moitas non puntuables para o campionato como percasoles, carpas ou black bass,

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button