ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A procesión co ‘Cristo Xacente do Barco’ abre as XII Xornadas do Santo Sepulcro

Na igrexa de Santa Rita, no Barco, permanecerá ata o 12 de marzo a exposición con pezas da provincia de León e da comarca de Valdeorras

 

“Temos que recuperar o sentimento confrade e darlle o valor que merecen a todas as confrarías por moi pequenas que sexan”. Con estas palabras, o párroco co Barco Jesús Álvarez, daba por inaugurada, na mañá deste domingo 5 de marzo, a exposición das ‘XII Xornadas do Santo Sepulcro’ que permanecerá aberta na igrexa de Santa Rita ata o 12 de marzo para desfrute de todos os fegreses, en horario de 10 a 13 e de 15 a 17 horas.

 

 

Unha mostra que conta con numerosas e valiosas pezas, a maioría de parroquias da provincia de León, pero tamén da Unidade Parroquial do Barco (de Santo Estevo da Rúa, de Seadur en Larouco, de Fervenza no Barco, de Rubiá,… ). Cristos xacentes, estandartes, virxes, cruces, figuras de confrades,…

 

 

A inauguración da exposición que contou coa actuación musical da banda de percusión infantil San Juanín da Real Hermandad Jesús Nazareno da Basílica da Encina (Ponferrada), foi o acto central do programa dominical que comezaba en torno ás 11:30 horas coa recepción de autoridades, convidados e participantes, na praza de San Mauro. Xa no interior do templo tiña luga a Santa Misa presidida polo Vicario Xeral da Diócese de Astorga, Javier Gay e ao remate comezaba a procesión co ‘Xacente do Barco’ ata a igrexa de Santa Rita.

 

 

A xornada continúa pola tarde coa inauguración (16:30h.) na sala de exposicións do Casino do Barco, da mostra de maquetas en miniatura de pasao de Semana Santa, obra do xove artesán ponferradino Carlos Martínez Blanco e das imaxes dos pasos infantís da Confraría e Parroquia de O Barco.

 

 

Ademais, o mércores, xoves e venres haberá conferencias ás 19 horas no Casino do Barco, sendo a clausura das xornadas o vindeiro domingo 12 de marzo coa misa e xantar da irmandade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button