En portadaÚltima horaVídeos

A procesión coa imaxe da Virxe centra o día grande das festas da Dolorosa na Pobra de Trives

Trives celebra neste domingo 18 de setembro o día grande da festa na honra da Virxe das Dores. Os cultos iniciábanse xa con misas ás 10 e ás 11 horas, sendo ás 12 cando se oficiaba a misa maior, cunha numerosa participación e cantada polo Orfeón Trivés, seguida dunha concorrida procesión coas imaxes da Dolorosa e do Santo Cristo polas rúas da Pobra de Trives. Un solemne percorrido encabezado polos membros da Confraría que data do século e que algúns devotos realizan descalzos.

 

 

Acompañando á comitiva estaba a Banda de Música de Celanova que tamén actuaba ao rematar a procesión e daba un concerto pola tarde na praza do Pilón. A sesión vermú deste animado domingo de festa en Trives corría a cargo da charanga TDB (Terras do Bibei).

 

 

Coma sempre, velando pola seguridade e orde na procesión, estaban os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

 

 

O broche a tan intensa semana de festas na capital da comarca trivesa poñeráo a orquestra Solara que actuará na rúa San Martín a partires das 21:30 horas facendo bailar a veciños e visitantes que apuran os últimoas días de verán.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button