A RúaConcellosPetínÚltima horaVídeos

A procesión de San Cristóbal pon fin ao CarnaVrao 2023 na Rúa

 

Esta tarde completábanse os actos festivos do CarnaVrao 2023, que promovía un ano máis a Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa. Tras a exitosa cea popular do 7 de xullo e o desfile de comparsas do 8 de xullo, nestes luns celebrábase a misa na honra de San Cristóbal na igrexa de Fontei.

 

 

Despois, comezaba a bendición de vehículos no adro da igrexa, na que o párroco, Lisardo Paradelo, pedía tamén aos condutores prudencia á hora de circular polas estradas e dábase base paso a unha singular procesión de coches pola vila da Rúa, pero tamén polas rúas de Petín.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button