En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A procesión na honra a San Xurxo e a orquestra Royal poñen o broche ás festas de Vilamartín de Valdeorras

 

Depois da animada e concorrida verbena a cargo do grupo Assia e do DJ Isra, as festas patronais de Vilamartín de Valdeorras baixan o pano neste 23 de abril. E fano precisamente o día de San Xurxo, santo ao que se adican os festexos, coindicindo co Día do Libro e festivo local, cun dos actos centrais do programa: a procesión.

 

 

Así, ás 13 horas deste domingo saía a comitiva da igrexa parroquial, encabezada polo párroco e a charanga Brexit que tamén amenizaba a sesión vermú. Percorrendo boa parte do pobo, os veciños acompañaron ás imaxes de San Jorge e varias santas, levadas polo homes, mulleres e mozas.

 

 

As festas rematan pola tarde coa actuación da orquestra Royal, incluíndo a exposición “Vilaboy Fotografía” no Local Vianova (número 15).

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button