En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia chega aos 386 casos activos de Covid

Dese total de pacientes, 30 están ingresados no Hospital Universitario de Ourense e os restantes 356 permanecen a seguemento a domicilio

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso os casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Neste xoves 3 de setembro rexístranse un total de 386 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 24 máis que onte, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Deses 386 pacientes, 26 están ingresados en planta no Hospital Universitario de Ourense e 4 na Unidade de Coidados Intenstivos, e os restantes 356 permanecen a seguemento a domicilio. Os hospitais de Verín e de Valdeorras non rexistran ningún ingreso por Covid.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.536, con 2.015 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado  44.910 probas PCR (571+ que onte).

Cribado en Mariñamansa

Dende Sanidade tamén se informa dos resultados do cribado levado a cabo no barrio ourensán de Mariñamansa. Realizánbase 287 PCRs a persoas asintomáticas que non eran contacto directo dos positivos. Neste cribado detectábanse 2 casos de Covid.

Artigos relacionados

Back to top button