OurenseÚltima hora

A provincia de Ourense, castigada polos incendios forestais

Toén e o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés son os principais focos

A provincia de Ourense volve a ser castigada polos incendios forestais nesta xornada de sábado, 8 de xullo. Os principais focos están en Toén e no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

 

Moreiras (Toén)

Segue activo, dende as 17:40 h. da tarde de onte, o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 250 hectáreas, segundo datos de Medio Rural. Para a súa extinción lévanse mobilizado 2 técnicos, 8 axentes, 24 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 12 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Incendio de Moreiras. Foto: AT Brif.

 

Manín (Lobios)

Permanece activo o Ademais incendio forestal en Manín (Lobios), parroquia que tamén pertence ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Declarouse pola mañá deste sábado, 8 de agosto e, segundo estimacións de Medio Rural, afecta unhas 150 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 9 avións e 5 helicópteros. Durante as tarefas de extinción deste lume produciuse o accidente dun hidroavión do operativo portugués de extinción.

 

Requiás (Muíños)

Por outra banda, segundo datos de Medio Rural, permanece estabilizado dende 00:43 h. da noite o incendio do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que se rexistrara no mesmo lugar onde quedaran extinguidos outros dous lumes a madrugada anterior. Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unhas 50 hectáreas provisionais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción lévanse mobilizado 3 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

 

Fraga (Lobeira)

Segue controlado ás 23:14 h. da pasada noite o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, rolda unhas 30 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 6 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 2 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button