En portadaÚltima hora

A provincia de Ourense rexistra 1.482 positivos por Covid, 8 máis que onte

No Hospital do Barco hai 1 paciente ingresado en planta

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O avance no número de positivos por coronavirus na provincia de Ourense presenta hoxe unha notable ralentización cun total de 1.482 casos activos na xornada deste domingo 11 de outubro, só 8 máis que onte, na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade. Dese conxunto de pacientes, 56 están hospitalizados en planta (1 máis que onte) e 10 continúan na Unidade de Coidados Intensivos. Os 1.416 restantes permanecen a seguemento a domicilio.

Por hospitais, o Universitario de Ourense rexistra 45 ingresos en planta e 10 en UCI, mentres que no Hospital de Verín ascenden a 10 os ingresos en planta (2 máis que onte). O Hospital de Valdeorras conta con 1 ingresado en planta, os outros dous que había foron dados de alta.

O total de contaxiados por Covid rexistrados na provincia ascende a 4743, con 3.095 curados e 166 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia 71.353 probas PCR, con 86 positivos detectados nas últimas 24 horas. Tamén se levan realizado 59.893 probas serolóxicas.

Con respecto ao nivel de alerta, o Barco de Valdeorras mantén o vermello (máis de 21 positivos activos nos último sete días) e a Rúa pasa do verde ao amarelo (entre 7 e 14 casos).

Artigos relacionados

Back to top button