SanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense ten 204 pacientes ingresados por coronavirus, 20 deles no Hospital de Valdeorras

O total de casos rexistrados na área sanitaria ourensá ascende a 1.495, con 209 altas e 83 falecementos

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segundo a última actualización de datos que vén de facer pública a Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.203 casos activos, dos que 1.000 permanecen a seguemento nos seus domicilios, 182 están ingresados en planta e 22 en UCI. Dende a consellería non se desglosan cifras por concellos nin por distritos sanitarios.

No Hospital de Valdeorras continúan ingresadas en planta 20 persoas con coronavirus, as mesmas cifras que onte, mentres que no Hospital de Verín son 6 os ingresos. No Hospital Universitario de Ourense hai 155 pacientes hospitalizados en planta e 21 en UCI. Ademais no CO.SA.GA. hai un ingreso en planta e outro en UCI. “Os 22 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.495, con 209 altas e 83 falecementos (residencias e hospitais).

Ademais na provincia realizáronse 8147 probas PCRs (as de residencias están enviándose a Vigo).

Os datos nas residencias

No conxunto das residencias da terceira idade da provincia hai 309 positivos entre os seus usuarios e 129 entre os seus traballadores, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade. No caso dos residentes positivos, a situación por centros é a seguinte: 56 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 14 na Res. Castro Caldelas, 21 en San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 102 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 35 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 39 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás), 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

No que se refire aos traballadores, os casos de coronavirus por residencia son os seguintes: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 18 na San Carlos (Celanova), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 11 Res. San José, Hermanitas (Ourense), 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

Galicia suma 7.873 casos, dos que 6.085 está activos

A comunidade galega ten 6.085 casos activos de coronavirus, deles 1.332 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.203 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.025 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 123 permanecen en UCI, 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes e 405 falecementos.

O número de probas PCR realizadas é de 53.829.

 

Artigos relacionados

Back to top button