En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 1.272 casos activos de Covid, 27 menos que onte

O Hospital de Valdeorras ten 8 ingresos, o Verín outros 8 e o de Ourense 80, segundo Sanidade

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Redúcense os casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os datos publicados neste luns pola Consellería de Sanidade (e actualizados ás 18h. do 2 de novembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.272 casos activos, o que supón 27 menos que onte. Deles, 80 están hospitalizados en planta (os mesmos que onte) e 18 en UCI (2 máis que onte). Tamén se aprecia un claro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 38 (fronte aos 87 de onte).

En canto ás cifras de ingresos, o Hospital de Valdeorras mantén 8 pacientes con Covid-19 en planta (tras rexistrar antonte un falecemento) e o Hospital de Verín 8 pacientes en planta (1 máis que onte), mentres o Hospital Universitario de Ourense ten 63 en planta (os mesmos que onte) e 17 na Unidade de Coidados Intensivos (dous máis que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten un ingreso en planta e outro en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.560, con 5.045 curados e 243 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 95.991 probas PCR.

Galicia rexistra 9.376 casos activos, 84 máis que onte

A tendencia descendente na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco contrasta coa alza de casos que se están a rexistrar xornada tras xornada noutras áreas galegas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.376 (84 máis que onte), deles 1.603 son da área da Coruña, 963 da de Lugo, 1.272 da de Ourense, 1.082 da de Pontevedra, 2.126 da área de Vigo, 1.348 da de Santiago, e 982 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 466 en unidades de hospitalización e 8.831 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.095 persoas curadas, rexistrándose 944 falecementos.

 

O número de PCR realizadas é de 706.326.

Artigos relacionados

Back to top button