SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 463 casos de Covid, 10 menos que onte

O Hospital Universitario de Ourense conta con 34 pacientes ingresados (5 deles en UCI) e o Hospital de Verín ten 5

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta xornada de 11 de setembro aprézase unha baixada nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo a última actualización de datos  da Consellería de Sanidade, hoxe hai 463 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 10 menos que onte.

Dese conxunto de pacientes, hai 39 que están ingresados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e os 424 restantes permanecen a seguemento a domicilio. O Hospital Universitario de Ourense ten 29 pacientes ingresados en planta e 5 na UCI, mentres que no Hospital de Verín hai 5 ingresos en planta (2 máis que onte). Polo de agora, o Hospital Público de Valdeorras segue libre de virus.

O total de casos de coronavirus rexistrados na provincia ascende a 2.734, con 2.134 curados e 137 falecementos. Na provincia lévanse realizado 48.126 probas PCR, 491 delas nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button