SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 5 novos falecementos de persoas diagnosticadas con Covid

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas útimas horas en Galcia de 9 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, cinco delas da provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que procedía da Residencia Nosa Señora dos Miragres. Barbadás, dun home de 84 anos que estaba ingresado no CHUO, dunha muller de 89 anos que estaba no Chus e que procedía da Residencia nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

Tamén falecían un home de 99 anos e unha muller de 95 anos na Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. Os cinco tiñan patoloxía previas.

Ademais en Galicia rexistrábanse outros catro falecementos: un home de 96 anos que estaba ingresado no Chuac, unha muller de 85 anos que estaba no Chus, un home de 86 anos no Chuvi e unha muller de de 80 anos na Residencia Salvaterra de Miño. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button