Sen categorizar

A provincia rexistra dous novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nos últimos días de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 85 anos (procedente da Residencia Hermanos Prieto do Carballiño) que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense e que falecía o 11 de decembro e dun home de 72 anos, tamén ingresado no CHUO, que perdía a vida o 12 de decembro. Con estas son xa 459 mortes as rexistradas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais falecían en Galicia outras cinco persoas: un home de 87 anos, un home de 64 anos e un home de 75 anos o 10 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), un home de 75 anos no CHUVI o 11 de decembro e unha muller de 87 anos o 13 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button