SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra un novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nos últimos días en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 77 anos que falecía o sábado 18 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Con el son xa 463 as persoas falecidas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais o 17 de decembro perdía a vida un home de 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

As dúas persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button