SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra un novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de informar do falecemento nas últimas horas en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 91 anos que falecía no Hospital de Verín neste 1 de decembro. Deste xeito a provincia de Ourense suma xa 450 falecidos dende o inicio da pandemia.

Ademais, neste mesmo día perdía a vida unha muller de 81 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

As dúas persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button