En portadaSen categorizarÚltima hora

A provincia sitúase nos 1.084 casos activos de Covid, 47 máis que onte

O 46,2% deses casos están no concello de Ourense, segundo informa Sanidade

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Mantense a tendencia ascendente de positivos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os datos que vén de comunicar hoxe a Consellería de Sanidade, rexístranse 1.084 casos activos na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 47 máis que onte. Hai que ter en conta que os casos activos son o resultado de sumar os novos casos e de restar as altas rexistradas e os falecementos. Os casos novos hoxe soben a 88.

Do total de 1.084 casos activos (dos que o 46,2% son do concello de Ourense), 76 están ingresados (deles 8 na Unidade de Coidados Instensivos) e 1.008 permanecen a seguemento a domicilio. O Hospital de Valdeorras ten 4 ingresos en planta, tras o falecemento onte dun paciente ingresado, o Hospital de Verín ten 10 ingresos en planta (1 menos que onte por un falecemento) e o Hospital Universitario de Ourense ten 52 ingresos en planta e 8 na UCI. Ademais en COSAGA hai 2 pacientes en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 4.074, con 2.830 curados e 160 falecementos. Polo de agora téñense realizado 65.467 probas PCR,  917 delas nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button