En portadaÚltima hora

A provincia ten 2.874 casos activos de Covid, 9 menos que onte

O Hospital Público de Valdeorras mantén 7 ingresos en planta

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense por cuarto día consecutivo, aínda que de forma moi lixeira, a tendencia á baixa nas cifras do coronavirus na provincia. Así, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.874 pacientes con infección activa, 9 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 1 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 93 (fronte aos 125 de onte).

Con respecto aos ingresos, hai certa estabilidade, con 184 persoas hospitalizados en planta (1 menos que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (as mesmas cifras que onte). O Hospital Público de Valdeorras mantén 7 ingresos en planta e o Hospital de Verín 14 (os mesmos que onte), ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 160 en planta (1 menos que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa e o Centro Médico El Carmen mantén manteñen 1 e 2 ingresos en planta (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.420, con 10.189 curados e 357 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 179.140 probas PCR e 84.832 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button