SanidadeÚltima hora

A provincia ten 988 casos activos de Covid en centros educativos e 14 aulas pechadas

Entre eles figuran os 25 positivos do CEIP Condesa Fenosa, segundo informa a Xunta

Exterior do CEIP Condesa Fenosa do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a Xunta de Galicia veñen de facerse públicos neste mércores os casos activos de coronavirus vinculados a centros educativos galegos. A comunidade rexistra un total de 9.258 positivos e 128 aulas pechadas, sendo na provincia de Ourense un total de 988 positivos e 14 aulas pechadas.

Ademais, das cifras totais por áreas sanitarias, a Xunta emite un listado onde se detallan os  centros cun maior número de casos, entre eles figuran na provincia de Ourense, os 46 positivos do CEIP Padre Feijóo de Allariz, os 43 do CEIP Santa Teresa de Jesús (entre outros da cidade), os 32 do CEIP O Ruxidoiro, os 25 positivos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco (que non ten ningunha aula pechada), ou os 24 do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, entre outros.

No referente aos casos vinculados a escolas infantís, a provincia de Ourense ten un total de 42 e 3 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button