OurenseÚltima hora

A Real Banda de Gaitas pon son á chegada da alta velocidade a Galicia

Esta entidade traballa xunto a Juan Carlos Pérez, veciño de Castiñeiro (Río), nun proxecto para dixitalizar o Museo Internacional de Cornamusas

Publicidade

 

A música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense soaba na chegada á provincia de Ourense do tren inaugural do tramo Pedralba da Pradería-Ourense da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

Neste acto histórico, xunto aos integrantes da banda e ao seu director, Xosé Lois Foxo, estaba o veciño de Castiñeiro (San Xoán de Río), Juan Carlos Pérez, que está a traballar nun proxecto de dixitalización do Museo Internacional das Cornamusas. “Pensamos Xosé Lois e eu que a Real Banda de Gaitas debía estar aí e dixitalizar este momento histórico”, comenta.

 

 

Ademais explica que “a transformación dixital non coñece fronteiras nin sectores e o seguinte reto que temos neste territorio é o de crear experiencias para os que viaxen e visiten o noso Museo Internacional de Cornamusas”.

Neste senso, Xosé Lois Foxo, Marcos Foxo, Ruth Foxo, a Real Banda de Gaitas e Juan Carlos Pérez están dando os primeiros pasos para dixitalizar “a maior colección de gaitas do mundo que está en Ourense, o noso Museo Internacional de Cornamusas”.

Fotos e vídeo: cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button