Na tarde do mércores 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o Concello da Rúa recibía aos tres equipos deportivos que veñen de lograr o ascenso de categoría nas súas respectivas competicións: o sénior do Club Deportivo Rúa, o Rúa Valdeorras FSF e o Club de Tenis Rúa.
Nestes vídeos pode verse parte da recepción por parte da corporación municipal e a foto de familia que facían nas escaleiras do Concello, na praza José Antonio Míguez Freire.
Vídeos: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio e Mónica G. Bellver.