
Tan só dous días á semana abre a única entidade bancaria existente no municipio de Manzaneda: martes e xoves. Unha redución de servizos que facía pública o seu alcalde, Amable Fernández, nun comunicado xunto aos rexedores do Bolo, A Teixeira e Vilariño de Conso, municipios onde tamén se vén afectados pola medida tomaba dende Abanca.
A falta de teléfono e de internet durante esta semana en Manzaneda, impedía que a oficina prestase servizo, o que obrigaba aos veciños deste municipio a trasladarse á oficina de Trives para realizar as súas xestións, o que daba lugar a colas. Os veciños amosan a súa indigación ante a situación, da que tamén se fai eco o seu alcalde.
“Supón unha importante perda de tempo e un retraso. A nivel de Concello, por exemplo, tiven que vir a Trives e levo unha hora e pico na cola para poder traer as nóminas do persoal”, asegura Amable Fernández, que lamenta esta falta de atención e interese polo rural por parte da entidade bancaria