ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A residencia de Valdegodos, de festa

Este centro vilamartinés vivía unha xornada especial o día 8 para honrar á Nosa Señora dos Milagros

Residentes, familiares, convidados e persoal desfrutaban o 8 de setembro dunha xornada de convivencia e de festa na Residencia da Nosa Señora dos Milagros que a Fundación Valdegodos ten na rúa Manuel Pérez Barreiro, en Vilamartín de Valdeorras. Ao longo deste día celebrábanse os actos na honra da patroa da residencia, cun programa que incluía dúas eucaristías. A primeira tiña lugar ás 10h. e a segunda ao redor das doce do mediodía, despois da procesión coa imaxe da Virxe polo entorno do centro. Esta segunda misa contaba co misioneiro Aurelio Sanjuan como predicador.

De seguido, as numerosas persoas asistentes acudían á sesión vermú con música e baile, e logo, compartían unha ampla e deliciosa comida de festa nas mesmas instalacións da residencia. Nela amigos e familiares acompañaban aos residentes deste centro da terceira idade nesta xornada tan especial.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button