ConcellosÚltima hora

A revisión da delimitación de zonas con risco potencial de inundación da conca Miño-Sil, en consulta pública

A documentación poderá consultarse na oficina da Confederación Miño-Sil ou na súa web durante tres meses

 

Imaxe de arquivo dunha zona inundada no Barco en xaneiro de 2016./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de abrir o período de consulta pública para a “Revisión e actualización da avaliación preliminar do risco de inundación (EPRI) na parte española da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil”, por un prazo de tres meses, tal e como publicaba o 18 de setembro o Boletín Oficial do Estado.

O obxectivo destes traballos, segundo sinalan dende a confederación, é revisar e actualizar a información obtida durante os anos 2011-2017 que se reflexaba na primeira EPRI para enriquecer e mellorar o coñecemento da conca, mediante a obtención de toda a información influínte que se teña xerado, tanto dende o organismo de conca como a través de consultas ás distintas administracións competentes, e incluíndo, ademais, os datos obtidos despois de novos episodios de inundación que provocaron danos en bens neste novo periodo, así como a información dos
efectos do cambio climático.

A proposta final da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para os tramos seleccionados como Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) de 2º ciclo consta de 586,58 km de ríos, repartidos en 26 agrupacións.

Segundo detalla a CHMS, as modificaciones en canto ás ARPSIs do primeiro ciclo de estudo son as seguintes:

464,53 km corresponden a ARPSIs que se manteñen iguais que no primeiro ciclo, 51,03 km corresponden a ARPSIs que ampliaron respecto ao primeiro ciclo, supoñendo a ampliación un total de 26,02 km con respecto ao valor inicial, 71,02 km corresponden a ARPSIs que se propuxeron nuevas o 2º ciclo e 0,42 km de ARPSIs do primeiro ciclo elimináronse.

Esta documentación permanecerá exposta durante tres meses e durante este período poderanse formular alegacións, comentarios e suxerencias a través dos rexistros aos que se refiere o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo iso co obxectivo de enriquecer ou mellorar a documentación exposta.

A información estará a disposición dos interesados na oficina da CHMS  (Rúa Progreso, 6, de Ourense) ou na web
https://www.chminosil.es/es/component/content/article/80-chms/1760-informacion-publica-de-la-revision-y-actualizacion-de-la-evaluacion-preliminar-del-riesgo-de-inundacion-epri-2-ciclo20180918

Artigos relacionados

Back to top button