CulturaCulturaEn portadaEntroido 2021Última hora

A revista “Entroido en Galicia 2021”, que edita o Periódico O SIL, xa está na rúa

Publicidade

 

Xa está en quioscos e librarías a edición do 2021 do monográfico “Entroido en Galicia. Sen festas nas rúas”, que edita o Periódico O Sil. Trátase dunha revista a todo cor de case 150 páxinas para achegarse, neste Entroido interrompido polo Covid-19, ás principais referencias desta tradición na provincia de Ourense, tanto no ámbito rural como no urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavalescas máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos artífices da festa, artigos de opinión… O 2021 será un ano para ser responsables e vivir a festa dende as casas, para reflexionar e darnos máis conta do gran valor que temos nas nosas aldeas e vilas e, polo tanto, poder desfrutalo mellor e con máis coñecemento cando se poida celebrar, esperando que sexa o antes posible.

Se está interesado en coñecer o Entroido de Galicia e do norte de Portugal pode facerse coa revista “Entroido en Galicia 2021″, que xa está á venda nas diferentes librerías e quioscos do oriente ourensán, así como en Quiroga, e ademais pode mercarse en:

– Ourense:
Librería Citania, rúa Ramón Puga Nº 1– Tlf: 988 238 985
Kiosco Marcos, rúa Bedoya Nº 2 – Tlf: 988 608147

– Maceda: Librería Alicia, praza Alcatruz, 6– Tlf: 988 542 288

– Verín: Librería AZ, rúa Laureano Peláez S/N (Esq. Montemayor) – Tlf: 988 590 371

– Xinzo de Limia: Librería Galaica, Avenida de Ourense Nº 11 – Tlf: 988 460 355

– Laza: Estanco, rúa Barrio Nº 30 – Tlf: 988 422 128

– Santiago de Compostela:
Quiosco San Roque, rúa San Roque Nº 24 – Tlf: 692 271 601
Quiosco Concheiros, rúa dos Concheiros Nº 39 -Tlf: 981 562 692

– Pontevedra: Librería Paz, rúa Peregrina Nº 29 – Tlf: 986 860 471

– Bueu: Librería Miranda, rúa Pazos Fontenla Nº 35 – Tlf: 986 320 504

– Vigo: Librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias Nº 12 – Tlf: 986 226 317

 

Prezo: 6 euros

Máis información: Teléfono: 988 347 012

WhatsApp: 696 460 826

Artigos relacionados

Back to top button