
Chantada convértese desde hoxe no epicentro do automobilismo nacional coa presentación oficial da I Subida Ribeira Sacra de Chantada. O acto de posta de longo tiña lugar nas instalacións da Adega Castrofiz, con Hector Ferreiro, tamén vicepresidente da Denominación de Orixe, como anfitrión nun evento que reuniu a salientables autoridades políticas, deportivas e organizadores.
Durante o acto, os representantes das escuadras organizadoras e colaboradoras, José Manuel Torres (Escudería Valdeorras) e Miguel Jacobo (Escudería RS Chantada), xunto a Antonio Troitiño en representación da Federación Galega de Automobilismo (FGA), debullaron os detalles técnicos dun trazado esixente de 4.300 metros que promete a máxima seguridade e espectáculo para os afeccionados, con máis de cen pilotos inscritos.
