En portadaOurenseÚltima hora

A Ribeira Sacra será candidata a Patrimonio Mundial da Unesco no 2021

Así llo vén de notificar hoxe este organismo internacional á Xunta de Galicia

Paisaxe de viñedos na Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A candidatura da Ribeira Sacra vén de lograr dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021. Así lle foi notificado hoxe pola UNESCO á Xunta de Galicia.

“A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada como a proposta de España para esta sesión, e entra en avaliación para a súa posible inclusión na prestixiosa Lista do Patrimonio Mundial, da que xa forman parte na nosa Comunidade, a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules”, segundo informa a Xunta, que se congratula “desta boa nova, froito do traballo e esforzo conxunto das administracións e a sociedade civil, e que abre importantes perspectivas de crecemento e desenvolvemento sostible para este territorio”.

Esta candidatura está baseada nun profundo e importante traballo técnico, impulsado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, no que se destaca o valor universal excepcional desta zona en base ao cumprimento dos criterios III, IV, e V das 2017-Operational Guidelines.

Así, a Ribeira Sacra constitúe unha testemuña excepcional da cristianización do Occidente de Europa. Neste territorio desenvolveuse un movemento ascético de eremitas e anacoretas que ocuparon os vales do Sil e do Miño, que co tempo foi substituído por unha fecunda implantación monacal que chega até os nosos días. Precisamente, esta espiritualidade xoga un papel moi importante na candidatura.

Ademais, este territorio representa tamén un exemplo único do monacato de Occidente e da sacralización do territorio, grazas a uns conxuntos arquitectónicos de extraordinaria singularidade que ilustran 1500 anos de historia. O paso do eremitismo ao monacato e a posterior expansión beneditina deixou un bosque de igrexas que ilustran a riqueza e variedade da arquitectura románica dos séculos XII e XIII.

Á marxe do importante patrimonio cultural e arquitectónico, a Ribeira Sacra tamén é unha paisaxe viva e o máximo expoñente da relación entre home e natureza. Proba dista interacción do ser humano co medio son as monumentais terrazas nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño para a explotación dunha agricultura de subsistencia baseada no policultivo. A esencia desta paisaxe antrópica atopámola con todos os seus matices nos terreos de ribeira e bocarribeira.

 

A Ri

Artigos relacionados

Back to top button