CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

A Rúa abre as Festas de Verán ao ritmo dos “pinchadiscos”

José Vicente Solarat abría a sesión que contou co DJ Rafa Torres como convidado

 

Dende clásicos dos anos 60 e 70 ata os trepidantes 90, sen esquecer os marchosos 80. O XI Encontro de Pinchadiscos que na noite do xoves 3 de agosto abría as Festas de Verán da Rúa, serviu para facer un completo percorrido musical polos temas máis discotequeiros das pasadas décadas.

 

 

Os encargados de pinchar, xente da Rúa que non falta á cita, como o seu fundador e actual responsable do apartado de festexos do Concello, José Vicente Solarat, que foi o encargado de abrir boca e tamén un profesional da mesa de mesturas como é Rafa Torres, o “Rey do Glam” de La Jungla Radio que fixo vibrar aos asistentes ao ritmo dos 90.

 

 

O programa de festas da Rúa continúa hoxe coa Danza dos Paxaros, un espectáculo de rúa para os nenos pola mañá; a Milla Urbana a partir das 21 horas na rúa Miguel de Cervantes; e o concerto de La Última Legión na praza da Estación a partir das 23:45 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as tres últimas da galería que son cedidas.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedidos.

Rafa Torres pinchando na Rúa

 

Artigos relacionados

Back to top button